domingo, 31 de agosto de 2014

X Festa do deporte: a crónica

Finalmente, ao invés que outros anos, non houbo nen nordés fresco nen calma podre. E, ao invés que os últimos anos, puidemos sacar as dornas e os barcos grandes cargadinhos de meninhada para pasear entre o Bao, o Terrón e Riasón.

Daba gusto ver o mar cheo de velinhas brancas...
Moito gusto!!
Sairon a navegar a dorna de tope Peça de Rabo e a lancha xeiteira Nova Marina, ademais de dornas como a Sapeira, a Estela, ou a Bandalha. O Rei do Mar non puido participar porque anda doente dunha salitrose no motor. Tinhamos todo organizadísimo, pois houbo que facer un par de quendas para pasear nos barcos grandes, os máis exitosos.

O baiguocher ocupábase do traslado de tripulacións...
Venha!! Todos a bordo!!
Así as dornas grandes non tinhan que varar...
...e podían recoller xente sen ter que sacar o temón.
 Ben, este era o plan, porque às veces as cousas non saen como programamos...

Agardando que chegue un barco...
-Que non, que tinha que ir Santi coa planeadora!! Ai que pouco caso!
Venha! Vinde navegar con nós!!
Ponhede os chaleques, portádevos ben, non pelexar...
Vedes por que era mellor a idea da planeadora?!
Barcos a tope, viva a festa do deporte!! (poetada cortesía da blogueira)

Foi unha tarde relaxada e tranquila, cun ventinho suave que deixaba navegar os barcos sen sensación de perigo. E non houbo incidente ningún... ningún?

Algún, por darlle emoción à cousa, engargallaba en canto cabo vía...
Algunha, cansa de tanta viaxe, fuxía da praia...
Menos mal que había alguén pendente!!

A tarde foi acabando...

Cada crianza recibiu o seu agasallo en troca do chaleque salvavidas.
Como debe ser: o alcalde o último en abandonar o barco...

Acompanhado de Dora, para non se perder... ;)



E a Sapeira deixando claro no trapo quen organizaba a actividade.

A Fundación Deportiva Municipal da Arousa
A ver canta xentinha volta para o ano!!

[Se algunha das adultas responsábeis non queredes que as vosas fillas e fillos saian nas imaxes do bló, comunicádenolo e retirámolas isofato.] 



martes, 26 de agosto de 2014

Festa do Deporte

Como todos os anos, a Fundación Deportiva Municipal do Concello da Arousa organiza a X Festa do Deporte, que consiste nunha semana actividades deportivas para toda a poboación. Todos os clubs deportivos da Arousa farán xornadas de portas abertas con actividades especiais, para animar às persoas a facer parte deles. 

A ENT Dorna adicará a esta Festa o xoves 28 de agosto. É importante que esa tarde esteamos todas as patroas novatas e podréns expertas que poidamos, para axudar na organización e xestión do asunto.

(Como sempre, haberá ou unha nortada enorme ou unha encalmada monumental que impedirán navegar, todos os anos é igual)




Ai, agoiros!!

Hai xente especial e marabillosa que ten a ben lembrarnos àquelas que estamos de vacacións que o mes de agosto xa está a acabar. E podería quedar calada!!

O caso é que como moitas acabamos as vacacións e non andaremos tanto polo Bao, pois que case é mellor que gardemos as dornas no Naval, para aforrarlles traballos às que continúan traballando na praia da Canteira.

E por esta razón herr direktor convócanos o sábado 30, que non hai regatas, para facermos unha pachanga-travesía Bao-Naval e ir levando as dornas que non vaiamos usar.

Que chega o final do verán!!



Combarro: travesía pirata.

O sábado de manhá, o Rei do Mar foi tomado por un pirata piratón e unha morea de grumetes e polizóns...

Nanuq organizou un paseo para celebrar que ten dous anos...
... e como precisaba un barco, non dubidou en abordar o galeón.

Trouxo con el às corsarias máis perigosas e feroces...
Pata-Louca, Gancho-Torto e Pica-Pau conveceron moi amabelmente aos patróns da ENT Dorna de cederlles a embarcación. Calquera lles di que non!!

Ehem!! Ehem!! Igual entre os piratas había algún infiltrado...
Os piratas foron ocupando o barco...
E traían con eles unha chea de grumetes...
Secuestraron a Salva e obrigárono a levalos a Tambo.
Querían okupar a illa!!

E alá foron!!
 Menos mal que enviamos unha infiltrada que deu a voz de alarma...

Obrigadas, Campanilla!!
Partiu a Nova Marina, como puido, ao rescate...
E recuperou o control do barco para a ENT Dorna.

Menos mal!!

Agardamos que Nanuq gozara dunha manhá tan especial...


Travesía Combarro-Arousa: ai, o ventinho do mare...

Este fin de semana pasado, antes de comezar a chover, celebrouse en Combarro a Festa do Mar co seu encontro de embarcacións tradicionais que organiza a xente da Reiboa. A ENT Dorna foi alá, cos seus barcos grandes e a Laverca
Do que pasou venres e sábado non temos imaxes. Sabemos que David e Rubén estrearon os camarotes do Rei do Mar e quedaron a dormir nel e a gozar dum imponente almorzo o domingo. Sabemos que Lino bailou toda a noite as cancións choromiqueiras dos Secretos, e sabemos que na Regata da Pamplina Parada levaba mal enverghada a Peça de Rabo e non dou ganhado. 

Do domingo sabemos máis. 

A xeiteira tivo tempo de dar unha volta a Tambo.
Xantamos na carpa marinheira uns estupendos callos, e hala, imos aló!

Quedamos en sair de remolque co Rei do Mar até a entrada da ría pontevedresa para entrar a vela na nosa nun travesinho estupendo. Quedamos.

Tomando o cabo para amarrar a Peça de Rabo.
Saindo de Combarro con Tambo na proa...
E aquí a primeira parada: a bomba de achique do Rei decidiu parar de traballar (o Rei sempre foi un pouco nugallán). Parada entre bateas para arranxos e paseo a vela da xeiteira e a dorna de tope até decidir que facer: se voltar a Combarro ou seguir. 

Seguimos!!

Chegando a Cabicastro, arriádevos, eh!

Boh, case mellor chegando a Ons que non hai vento....
E que fas sen vento para navegar?

Unha casota para tornar o frío...
Un concerto para animar a tarde...
Ben, ao pasar o Pombeiro, arriádevos, eh!
Se hai vento...

As convidadas de Codeseda só pillaron encalmadas, pena.
E por fin, orde de arriarse!!, coa Arousa na proa.
Preparando a vela na Peça

Foi subir vela e fuxir a xeiteira como un tiro!
Pero xa o sol andaba ameazando con marchar...
Todas ao abrigho no Con de Tres Pés
Ao lonxe, as velas e o solpor
Importante: non fagades nunca isto se non queredes quedar sen lentes:

Ponher as gafas de diadema!!

Un novo consello xentileza de Bea. 

Como a noite vinha enriba, outra vez orde de remolque. Deunos a vela para ir do Igafa ao Faro...

O galeón vindo a recollernos num mar emplatado.
E a noite caía...
E a noite caiu, co Cantinho na proa. Menos mal!!
Sempre toca, ao ir ou ao voltar de Combarro, unha encalmada. Non hai maneira!