domingo, 31 de agosto de 2014

X Festa do deporte: a crónica

Finalmente, ao invés que outros anos, non houbo nen nordés fresco nen calma podre. E, ao invés que os últimos anos, puidemos sacar as dornas e os barcos grandes cargadinhos de meninhada para pasear entre o Bao, o Terrón e Riasón.

Daba gusto ver o mar cheo de velinhas brancas...
Moito gusto!!
Sairon a navegar a dorna de tope Peça de Rabo e a lancha xeiteira Nova Marina, ademais de dornas como a Sapeira, a Estela, ou a Bandalha. O Rei do Mar non puido participar porque anda doente dunha salitrose no motor. Tinhamos todo organizadísimo, pois houbo que facer un par de quendas para pasear nos barcos grandes, os máis exitosos.

O baiguocher ocupábase do traslado de tripulacións...
Venha!! Todos a bordo!!
Así as dornas grandes non tinhan que varar...
...e podían recoller xente sen ter que sacar o temón.
 Ben, este era o plan, porque às veces as cousas non saen como programamos...

Agardando que chegue un barco...
-Que non, que tinha que ir Santi coa planeadora!! Ai que pouco caso!
Venha! Vinde navegar con nós!!
Ponhede os chaleques, portádevos ben, non pelexar...
Vedes por que era mellor a idea da planeadora?!
Barcos a tope, viva a festa do deporte!! (poetada cortesía da blogueira)

Foi unha tarde relaxada e tranquila, cun ventinho suave que deixaba navegar os barcos sen sensación de perigo. E non houbo incidente ningún... ningún?

Algún, por darlle emoción à cousa, engargallaba en canto cabo vía...
Algunha, cansa de tanta viaxe, fuxía da praia...
Menos mal que había alguén pendente!!

A tarde foi acabando...

Cada crianza recibiu o seu agasallo en troca do chaleque salvavidas.
Como debe ser: o alcalde o último en abandonar o barco...

Acompanhado de Dora, para non se perder... ;)



E a Sapeira deixando claro no trapo quen organizaba a actividade.

A Fundación Deportiva Municipal da Arousa
A ver canta xentinha volta para o ano!!

[Se algunha das adultas responsábeis non queredes que as vosas fillas e fillos saian nas imaxes do bló, comunicádenolo e retirámolas isofato.] 



Ningún comentario:

Publicar un comentario

a falar a xente se entende