venres, 31 de xullo de 2015

Átame...

...pero átame ben, ouh, que non me leve o mar!!

A enseada do bao é un lugar privilexiado para aprendermos a velear. É un espazo seguro, protexido pola Arousa e o Terrón, onde as velas poden ser avistadas sen problema desde terra e no que unha planeadora chega ao rescate en cuestión de minutos. Non poderiamos ter mellor sé para a escola de navegación. 

O que pasa é que às veces esquecemos que de cando en vez tamén hai norte, nortada e nortón. 

Amarramos as dornas e as bucetas perto da mallante para non ter que bogar moito...
... pero facemos unhas lazadinhas de zapatilla deportiva, unha cousa simplona, porque total no Bao a seguridade é absoluta.

E despois vén a noite, vén o vento nortón, vén o mar en flor, e zás!:

Dornas naufragadas na mallante!
Algunhas con máis dignidade que outras...
E con escoras máis fortes...
En algúns casos houbo ademais, colisión:

Alá vai a pintura da Salgharita!!
Houbo toque a rebato no ghuasá e acudisión xeral à Praia da Canteira para recuperar as náufragas.

Amárrame! Amárrame!
Alghúns escapan do traballo moi subtilmente...
E vinheron tamén os peritos do seghuro para comprobar quen debía pagar as reparacións...

Demasiado pintura verde... vai ser cousa da Salgharita!!
Lección do día: Temos que amarrar as dornas con xeito de norte fresco e non de surinho delicado. 
E xa que estabamos e non estaba tarde de navegar, seguimos co asunto dos amarres e atados...

...venha a tecer velas con buratos (por iso da aerodinámica!)

mércores, 29 de xullo de 2015

XXVII Regata do Bao

Para non pelexar cos números romanos: 27 edicións xa!!

E chega unha das probas máis divertidas do Campionato Mundial de Dornas a Vela: a Regata na que non só hai que ler ben o vento senón tamén o cabo de amurar, a Regata na que non só hai que vixiar as boias senón tamén a ostagha, a Regata na que non só hai que evitar cons senón tamén tropezóns co cabo do risón. 

A REGATA DO BAO!!


As normas, as de sempre: às 16.00 horas, saída desde a mallante, vela nos brazos. 


luns, 27 de xullo de 2015

Tardes no Bao: se (hai) mexas non navegues.

Acabados os XII Encontros de Embarcacións Tradicionais, a vida na ENT Dorna volta á normalidade. Cursos e paseos entresemana e Regatas e Eventos nos fins da idem. 

Este xoves pasado a rotina re-instaurouse e sacamos as embarcacións grandes a dar un paseo. Entraba unha borrasca e a tarde foi parecéndose un pouco àquela da Manife Marítima do Areoso: da case calma ao vento fresco. Tomamos un ris e non pasamos do Campelo. Ordes do dire (e da caghona da blogueira)!!
Non vos fixemos fotitos, porque como o nível de medo era 6 sobre 10, non tocamos o móbil. (non nos fiabamos nada do patrón nin do patronsinho).

Cando voltásemos da navegación as instrucións eran claras: varar os barcos.

Os barcos instalándose ao Bao.
Si, ESE barco é o Rei do Mar, por se non o sabedes.
[E non. Non é que a blogueira meta os dedos onde non debe...]

Os barcos quedaron varados porque necesitaban unha boa limpeza.

Pois a verdade, moi porcalleiros non parece que estean...
E chegou o venres. E a tarde estaba un pouco murcha.

E non navegamos. Limpamos.
Ai va! Como está a obra viva!!
- Déalle, abuelo, que vai ben!
Os barcos, antes de ir ao Cabo de Cruz, non estaban así. Que raios sementades na banda do mar? 

A Peza de Rabo tamén estaba bonita...
De mexas estaba cheos os barcos. algunhas nunca tal víramos.
As mexas foron da madeira para a praia... :(
Seique andan sempre nas bateas, sobre todo os anos en que a auga está máis quente. E cando os mexillóns máis estercan, suponhemos. 

E acabou a tarde, e os barcos dormiron limpinhos...


Encontros no Cabo 5: a Roncadeira.

- Que é iso que vén por aí
- Ghamela non parece
-  E é de plástico
- Ai, que cascarón! Agora a calquera cousa lle chaman tradicional...

- Éche ben feo, ouh!!
 - Ains, non vos enteirades de nada! Menos mal que estou eu aquí de assistant woman!! É a Roncadeira da Ghuarda...

- Roncará o que queiras, pero iso non é tradicional!
- Claro, porque o tradicional tamén está para ser transformado! Novos tempos, novos usos! É unha gamela adaptada para que poidan patroneala persoas sen mobilidade, ou con ela reducida...
- Aaaaah! Pois ló imos vela!! 

E a súa tripulación recolleu velas para explicárnola toda todinha!

Popa abatível para o acceso da cadeira de rodas...
 Parece a barcaza da Arousa!

Clase de manexo de velas e cabos...
Probas de estabilidade: isto non dá quillarriba!
A tripulación andaba a anotar melloras para lle facer e facilitar máis a navegación. E nós gostamos da idea de mudar tradicións para que todas, realmente todas, podamos navegar. Por aquí podedes saber máis do proxecto.
 
Aclaradas as cousas, alá marchou a Roncadeira!

- Que ben vai a ghamelinha, eh!
- Dá ghusto ver como se inventan cousas novas...
- E menos mal que hai plástico. A ver quen a facía en madeira!
- Parece unha cascarinha de noz! E que interesante o mundo da navegación tradicional...

A nós a gamela acordounos a dorna Luxitana que en tempos andou pola escola e que o seu amo foi modificando amedida que perdía mobilidade.

Encontros no Cabo 4: o final... chegou!

Eran horas!!

Que por estes lares deixamos abandonado o dominco e sen cronicarvos o último día... quizais foi o subconsciente dalgunhas, que como andaron a facer mal, tinhan vergonza de admitilo...

A motora saiu do Chufre à hora marcada...

Ao herr direktor non lle saían as contas....

- Pero se só tinha seis persoas anotadas!!!
Como no Xabarín Club: cada día eramos máis. Menos mal que a cousa xa acababa...

En chegando ao Cabo da Cruz, novamente reparto de embarcacións. 
E aí o labor inconmensurábel desta blogueira e da súa asistente Débora. Exercendo a tarefa encomendada como community manageresas do blogue, non tivemos máis remedio que embarcar numa lancha de poliester (si, admitimos, de poliester!!) por ver de sacar algunha foto con xeito. 

Sufrindo o plástico. Todo sexa pola ENT Dorna!
A blogueira en pleno sacrificio...
E puidemos admirar barquinhos. 

Grandes, como o Evangelina Uno...
E pequenos...
Como os cangrexos (queremos dicir, os de vela cangrexa) andaban de regata, puidemos velos en plena conpetisión...

A Lavanqueira, buscando ganhar a posición...
Ou o noso preferido: o Ave de Paso (escopetaso!).
E polo medio, os arcaicos...

O Fredericksssund recén chegado (en foraborda) da Idade Media.
Ou os bateis chegados da EuskalHeria a boghadas...
Outro dos nosos preferidos: o Chasula.
... que agora é famoso. Non hai como sair na tele!!

E se non vai Claudio, a ver quen patronea a Falucheira!
Unhas das alegrías da manhá...

Por fin navegou o Presioso!!

Non moito máis pequeno que a catraia Santa Maria dos Anjos...
E navegando entre maravillas da tradición, a traición pillamos aos nosos...

Que fai esa enruga na maior do Rei do Mar?!
Ai, non. Así non pode sair no bló. Assistant! Mándalle un ghuasá a Salva. Que nos arranxe esa vela!!

- Ains, boh, se hai que ir, vaise...
Porfavorinho! Isto é outra cousa!!
E nestas pasamos a manhá... A verdade é que as fotos non compensan o sacrificio... Teremos que pedir unha cámara con xeito (ou mudar de fotógrafa)...

Unha vez que xantamos e nos despedimos de todas as amigas chegadas de tanto mar diferente, partimos para a longa travesía que nos traería de volta à Arousa.


Como tivemos que suportar os refachos e a empopada sen vara de portar a bordo da Salgharita, non hai fotos (se non hai poliester, non hai imaxes!). Iso si:

Chegamos ao Bao con ben!

Aonde iremos no 2017??


mércores, 22 de xullo de 2015

Encontros no Cabo 3: da calma à tempestade.

E correu a nova por toda a Arousa e o sábado de manhá xa o bar Porto estaba cheo de xente que facía a mesma pregunta: - Hai sitio na motora?
Se dous días máis duran os Encontros, temos que cobrar billete... Mesmo desde Madrid chegou Elías, só por facer o travesinho!

Ides para o Cabo? -Imos!!
 E no Cabo ninguén durmiu. Entre o concerto de Treixadura, que algún esqueceu o saco no galeón e a distancia à que estaba o camping, o resto da expedición dorneira optou por durmir na rampla toda a noite e agardar alí a nosa volta.

Moito nos botaron de menos!
E outravolta a repartir tripulacións! E outravolta sairmos ao mar! Viva a naveghasión tradisional!!

Un monte de paus decora o Cabo da Cruz.
Un monte de paus que se move e despraza...

O Republicano foi o primeiro...
A manhá estaba moi agradable, solleira, con un ventinho que permitía navegar a todas as embarcacións: grandes, pequenas, expertas e podréns. Así dá ghusto.

Procesión tradicional...
 A Peça de Rabo demostrou ser a mellor navegadora de todas. Mentres o resto de embarcacións daban unha voltinha à abra, nós andabamos de diante para atrás para poder achegarnos e non sacarlles tanta distancia. e nada que demos tres voltas, cando o resto deu unha. 

- Xuro que non vexo ninghún barco... - E non será que miras para onde non é, papaxán!
Fe em Deus, Fe em Deus, pois non é tan grande a Fe em Deus...
E à volta da navegación, a calma, a maldita calma.
Menos mal que levabamos boghadores a bordo!

Durante o xantar a conversa era a mesma: con esta solleira, pola tarde navega Rita! Como non acabe a calma, eu non saio! Con esta calor, no mar é morrer! Porque vós nas fotos non o vedes, pero ía unha calor sahariana polo menos. 

E nesas estabamos cando quedamos às cinco...
[Entretanto, no Presioso, volvían ter problemas co motor. E alá andaban os expertos maquinistas todos, a ver se daban feito bo del]

Trata de arrancarlo, Luís, trata de arrancarlo!

E mentres agardabamos, chegou.
Quen? O Vento. O vendaval. Queriades frescura? Tomade aire! Cada vez os refachos eran máis fortes. 

Os primeiros en voltar a terra: o lastre seique non era abondo...
O resto dos barcos voltando a porto.
Moito traballo tiveron as planeadoras de apoio!! E a Sapiencia, perdón, Sapeira sufriu o seu primeiro percance de tempada e ficou sen cana...

E como no duro inverno: frota amarrada!
Xa que non navegamos, andamos un pouco por terra... E xa que iamos marchar na motora...

que mellor que ver o ensaio de Radio Cos!
 ...Antes do concerto no Rei do Mar
[Porque como o Adelino Manuel seguía doente e o noso galeón é máis grande e espacioso, pois o concerto que Guilherme e Bastardo ían dar no Presioso, trasladouse à nosa coberta]

Que comece xa, o público vai marchar!!

Guilherme cantando...
...ou é Bastardo?
 Acabado o concerto, e depois de cear, de volta para a Arousa na motora. Media expedición quedou nos bares, mais iso que volo conten elas. E na motora de volta, o máis melhor destes Encontros:

Navegar o mar da Arousa na noite. Fermosura!!