luns, 26 de maio de 2014

Seguridá Seguridá!!

Por se damos quilla arriba.
E falando de seguros, 

QUE TEMOS QUE PAGAR o cartón de navegantas da nova tempada. O prazo para o pagamento é o 1 de xunho, especialmente para aquelas que pensedes participar nas primeiras regatas. 
A forma de pagamento este ano é tradicional: nada de ingresos en contas nin transferencias internáuticas: hai que darlle os 10 EUROS a Salva. Directamente. Ao contado.

Despois do día 1, a apanharse coa FGCMF!!


Imos às festas de San Pedro!


O campo da verbena pola noite...
E non a San Pedro de Muros, que tamén podemos ir, mais as de Itxas Jaia en Lekeitio, ese lugar bonito das fotos. Como son as festas de San Pedro son do 27 ao 29 de xunho, claro.

Ben, imos se hai sitio...

A FGCMF subvenciona a viaxe con até 440 euros por barco. Ademais a organización, EUSKAL BATEL- EROAK , ofrece lugar para dormir no ximnasio da ikastola e un bono de 15€ para 4 comidas (os almorzos son gratis); A FGCMF considera que, dependendo das inscricións, é probábel que se cubran íntegramente, ou en boa parte, os custos de desprazamento das participantes.

O peirán de día...
As persoas interesadas teredes que solicitar praza antes do 29 de maio, a través do correo electrónico secretaria@culturamaritima.org especificando o número de participantes e nome de embarcación.
Asimesmo deberedes enviar unha copia do seguro da embarcación para a obtención dos permisos en capitanía por parte da organización.

E xa sabedes: se nos organizamos, collemos todas!!

domingo, 25 de maio de 2014

Cirurxía plástica, estética e reparadora 2

As dornas que damos de alta na nosa Clínica, aínda tenhen que adicar uns días aos exercicios de  rehabilitación...

A primeira en saír da UCI foi a Caramecha, preparada para inchar musculatura e reforzar madeira: 

O equipo de celadoras instalando a Caramecha na padiola.
Ehem, ehem!! Caramecha??
Jorge, atende, que isto vai para ti: 

O folio será caramecho, mais esa proa pasada por Testos...
Na Unidade de Hidromasaxe temendo as algas pro-ostiasos.
Hala, a mollarse para fondear a dorna!
Tamén a Estela foi dada de alta...
E aí quedou, vixiando os fondeos todos do Chufre.

Cirurxía plástica, estética e reparadora

Pasado o 17 de maio, preparadas as embarcacións comúns, unha nova data está à nosa frente marcando o ritmo de traballo: o 7 de xunho, con esa Regata do Sepelo inauguradora do Mundial de Dornas.

E o local do Naval, máis que un albergue de dornas, parece un Hospital. Todos os quirófanos están abertos, a pleno rendemento e facendo quendas duplas para antender traumas e infecións.

Na sala de liftings os cirurxiáns xefes por fin poden adicarse ao peeling da Mimela, despois de dirixir varias operacións de traumatismos graves no Centro Médico de Testos.

Corporación Dornaestética utiliza as máis avanzadas tecnoloxías...
- Por favor, bisturí do sete!! Incisión!
Na sala de liposuccións, entre tanto, o doutor Sendi realizaba unha abdominoplastia à Onza

Non acaba máis de dar alquitrén nesa barrigha.
Na Unidade Médica de Tratamentos Anti-Idade eran submetidas a un duplo transplante de pintura a Revolta e a Carme. Requeriu esta operación o traballo coordinado dunha chea de anestesistas e celadoras:

A Carme, virada...
A Revolta tranfundindo óleos à proa da Carme.
E na sala de traumas, a operación máis perigosa, necesaria ademais porque o cirurxián Uxío abusou das próteses parecendo a Rosalía un robocós e non unha casca de noz.

Os pés de amigho rebentados de parafusos...
Novamente, técnicas ultramodernas da Corporación Dornaestética...
Unha vez acabada a intervención cirúrxica e recuperada a dorna da anestesia, foi trasladada à Unidade Médica de Tratamentos Anti-Idade, onde lle foi realizada unha bioestimulación con plasma


Vamos, que a lavamos na rampla...
Dúas dornas nunha: a Rosalía e a Javiota  ;)
As dornas que damos de alta na nosa Clínica, aínda tenhen que adicar uns días aos exercicios de  rehabilitación...

CONTINUARÁ
 
 

xoves, 22 de maio de 2014

Un mar de letras 7: a pilícula

Cada ano, a ENT Dorna incorpora novas socias, que ademais de aprender a navegar con nós, tenhen a ben colaborar facendo aquelas cousas que se lle dan ben. Quen sabe desenhar, como Andrea, Malena, Juan ou David da Raposa, desenha cartaces; quen sabe de carpintaría e outras manhas, como Lino P., Lino M. ou Claudio, arranxa o que lle boten; quen sabe de micros, como David Parrumeira, argalla megafonías, quen ten bola de remolque no coche, fai de camioneira e traslada dornas (a que si, Bea) e así todas. Todas temos algo de noso para axudar ao grupo. 

Por iso Barel, recén chegado a Dorna, tivo a ben grabar e editar este vídeo que vos dará unha idea da nosa celebración das Letras Galegas. Podedes aproveitar e escoitar a Parábola do Inverno Atemporalado e o Milagre do Galpón Filantrópico.



martes, 20 de maio de 2014

Un mar de letras 6: the day before part two

Xa que temos que preparar as dornas para o día D(as letras), pois podemos aproveitar para unha clase maxistral, non?

E a iso nos puxemos, para aprendermos como se aparella unha dorna de cinco cuartas nunha dorna de tope de oito metros.

O primeiro, estender o trapo e enverghar cos nós correctos (os lhaaaanos).
Despois aprendemos a amurar.
Ostaghamos  (con que nó? co ooooito)
Colocando o temón. Así, à primeira??
STOP!!

Que a cousa non foi tan fácil. A ver quen ten fresca a memoria da tempada pasada!!

Que erro están a cometer os patronasos que ponhen escola??
TIC TAC TIC TAC TIC TAC...

E alá vai o podrén a arranxar o fallo!
Coa dorna aparellada, puidemos xuntarnos co resto do equipo.

Un mar de letras 5: the day before part one

Para poder ter todo listo o Día das Letras, despois de ir a Marín a buscar a xeiteira Nova Marina, despois de botar abaixo a Peça de Rabo no Naval, aínda faltaba empialas, é dicir, colocarlles os paus, que parece de chiste, mais non o é.

Seique antes o facían cinco ou seis homasos marinheiros con manha e sen máquinas, porén nós xa nacimos senhoritas e preferimos tirar do Allogar, o bateeiro dos irmáns Allo, que ten un guindastre estupendísimo para colocar paus de dornas de tope e lanchas xeiteiras.

E quedamos nos pantaláns do Chufre o venres pola tarde...

O bateeiro dos Allo, e os Allo mesmos, sempre están cando os precisamos.
As dúas embarcacións, fondeadas e como sen ansia...
Atención!, se no bateeiro embarcamos tres persoas, e para amarrar a Peça de Rabo mudaron dúas de barco,

Quen gobernaba o bateeiro? Quen?
Imos aló!
No pantalán agardaba o resto da tropa para dar inicio á Operasión Gharabullo.

O guindastre estaba preparado, cos cabos enfiados.
IMPORTANTE! Antes de facer nada, coloquemos as drisas!
Levando o pau à pía (a vaca ao boi)...
O operador maquinista apuntando ao burato.
Skyline tecno-tradicional
Venha que vai!
-A ver, ouh, está ou non?
Unha lista, que pase a seguinte!!
E a NovaMarina abalroouse ao Allogar.
Amarrando o pau con lazada máxica.
Comezando a levantar o pau, co rapasinho dos recados na Javiota.
Pau empiado!!
E barcos listos para o 17 das letras!!!
Porén, aínda que non o pareza, a tarde aínda deu para máis...


luns, 19 de maio de 2014

Un mar de letras 4: os preparativos, part one.

Porén, a festa das letras e o mar non comeza co pasarrúas gaiteiro ou coa botadura patricial. Antes temos moito que facer...

Ás dez da manhá xa había ambiente no Cantinho para aquelar todo...
Hai que fregar as cubertas e preparar as velas....
Preparar chiringuito e tendedeira...
Ponher escola aos rapacinhos novos...
Colocar simetricamente os cabos da Patricia...
Dar moitas explicacións: Ló é de Ayaso? E que cravazón leva?...
Acomodar a marinharía nos barcos...
E non sabemos como, entre tanto barullo de xente, aínda hai quen encontra espazo para as confidencias...

Secretinhos en reunión...
Pois, non é tan sinxelo armar festa...