domingo, 20 de abril de 2014

Semana de Paixón 6

Capítulo 21, Versículo 18 do Evanxeo segundo Salva

Pasou en tempos do profeta Uxío. 

Os apóstolos foran à illa de Sálvora para gravar unha pilícula.O Noso Senhorinho de los Parques Nacionales deulle un só mandamento: non te achegues à aldea de Sálvora que Satán pode derrubar tellados e muros só por fastidiar a pilícula

Pola noite, ao retirarse o arcanxo flamexador à torre, o profeta Uxío tivo fame. Foi à aldea e vendo unha figueira à beira do caminho, dela se aproximou, e non achou mais que facer que alimentarse dos froitos. 
 
O profeta Uxío pillado na allada.

Mais non lle souberon ben; e díxolle: Nunca xamais se poda achegar ninguén a ti. No mesmo instante secou a figueira. Vendo isto os apóstolos, maravilláronse e preguntaron: Como é que repentinamente secou a figueira? Respondeu-lhes Uxío: Ai, ai ai, en verdade vos digo que se alguén sabe que nós secamos a figueira, nunca mais teremos entrada en Sálvora. Fuxamos!»

Pasaron as estacións, migraron as aves e criaron as bestas. En tempos do Noso Susinho do Gran Poder, visitou este novamente a illa coas súas discípulas e observou as consecuencias do pecado cometido polo profeta Uxío, que el expiará por todas nós: 

PROHIBIDO FACER DE TODO EN SÁLVORA

Ao fondo, a figueira de Uxío, Aquí, o cartaz a botarnos fora.
AMÉN

Semana de paixón 5

ESCISIÓN!!!

A ENT Dorna acaba de ser tomada por unha bandada de partidarias da Frente Popular Xudaica, que negan o profetismo e o Gran Poder do Noso Susinho Salvadurito. Din que el non é o auténtico mesías e negan os milagres e parábolas das que neste Evanxeo demos conta. 

A cousa quedaría aí, nunha pequena polémica interna, perfectamente arranxábel coa expulsión ou exterminio das disidentes, se non for que este sábado, aproveitando a poalla matinal, optaron por mostrar ao mundo a seu poder, caminhando sobre as augas. 

Só que para non coller gripes (que tan milagreiras non son) optaron por ponher un barco entre os pés e a superficie marítima e... SECUESTRARON O REI DO MAR!!!

Non dubidaron en usar a forza. Para evitar males maiores, entregámoslles a nave.

Ons foi o último lugar no que foron vistos
Como calquera secta apócrifa que se prece, escolleron o seu mesías particular, un calquera, un ninghén, que ainda non sabe facer unha trasluchada con xeito e xa quere gobernar as regatas e as travesías. 

O novo mesías, por non multiplicar os pans, pápaos enteiros!
A forza admitimos que a tenhen, que ben que nos ensinaron a boca do canón. Porén o Noso Senhorinho del Sielo moita axuda non lles dá. Quixeron repetir o milagre do venres...

Preparadas para a multiplicación do bolinho...
E mirade que escasez!!
Isto non é Crsitinho nin é nada...

Agora, o Rei do Mar non o devolveron, que no Cantinho non está. Hai quen di que anda pola outra ría e que se van instalar en Portonovo para montar alí a Escola Tradicionalista de Navegación Dorna.

Dionoloqueira!


PD: e a ver se pasades máis variedade fotográfica, que mira que mo ponhedes difícil para botar os contos!

sábado, 19 de abril de 2014

Semana de Paixón 4

Para as que non o saibades, o Susito do Gran Poder, o noso profeta destes días, fixo un manado grandísmo de películas, estilo Ben-Hur. Esta fonda experiencia vital e relixiosa fai que sempre tenha unha parábola a punto para contarnos, en cada virada de rumo. Nós, boas discípulas, escoitamos para poder traelas aquí por escrito a este Evanxeo segundo Salva.

Nada mais embarcar, buscou o seu espazo e colocou o micro...

e desde o púlpito falou da Parábola da quilla arriba.
Por veces, podiamos gozar das pilículas em home cinema, o que aumenta a calidade da escoita (ou a cantidade, polo menos). Nós non negamos tres veses ao noso Senhorinho, porén até tres veces houbemos de oir os mesmos mesminhos contos.

Parábola do barco naufragado...
...en estéreo soundrown!!
En Sálvora agasallounos con edificantes historias de vida...

Parábola da pantasma de Camba e a figueira de Uxío.
Parábola das mulleres bogadoras.
E nova navegación e máis palabras parabólicas....

Parábola dos pans e o peixes.
Parábola do Prestige, os militares e o Sentulo.
Parábola do Ulises e as sereas do Pombeiro...

Non había maneira de calar ao noso Susito con tanta película... Non?

Siiii!!
Só os paxareiros puideron mudar as tornas, contándolle a Salva películas das súas, máis do estilo David Attenborough.

O caso é que ten moita sorte o profeta Salva de ternos a nós de seguidoras, porque non imos malghastar os paus das dornas para crucificalo. Abóndanos con vacilalo un pouco neste bló. 

AMÉN


Fotoló

Recuperamos esta vella sección do bló, porque Fabio ben o merece. Marabilla!

A fotografía fíxoa Fabio, xa volo dixemos?

Semana de Paixón 3

Tedes quince segundos para imaxinar... e se non se vos ocorre nada, igual deberiades navegar algo máis con nós.

Estamos tan afeitas a sair ao mar envoltas en néboa e poalla, que non temos problemas para gozar da paisaxe só co pensamento, mentres tornamos o frío cunhas poucas gargalladas (menos dentro do Parque das Illas Atlánticas, onde non rimos para non espantarlle a fauna aos paxareiros).

Por tras da calma do Campelo e da punta do Faro, vimos perfectamente a mole rochosa de Rúa.
Seguindo a linha das drisas, admiramos o Areoso partido en dous polo inverno.
(Como patrón non ten imaxinación, esquiva as bateas coa axuda do ghipiese)
E puidemos comentar o ben que está a Salgazón de Moreiras, n'Ogrobe.
Entre os dous homasos, ao fondo, Noro e Vionta.

Por detrás do peirao de Sálvora, achegábanse a nós tres veleiros.
E saudamos á xente de Aguinho que viamos desde a aldea.
Alén do con de Apaghar, o niullorque de América.
E por fin, divisamos o noso obxectivo de hoxe: ONS!!

Se non viches nada nas fotos, igual é que non tes imaxinación e deberías ver menos a tele.


venres, 18 de abril de 2014

Semana de paixón 2


Capítulo XIV, versículo 13 do Evanxeo segundo Salva:

Unha multitude axuntouse no Cantinho e seguiu ao Suso do Gran Poder. El chamou polas discípulas podréns e dixo "Tenho compaixón desta xentinha, porque hai tres cuartos de hora que levamos no galeón e nada tenhen que comer. Non quero chegar a Sálvora  en xaxún, para que non desfalezan cazando e arriando os cabos", ao que as discípulas podréns responderon "Onde encontraremos neste océano de auga tantos pans para fartar xente tan comellona?".

Susinho do Gran Poder daquela preguntoulles cantos pans elas tinhan e a resposta foi  
 
Só este bolinho de masa...


El entón pediu à tripulación que sentase e tomou o bolo e amasou e agradeceullo ao Noso Senhorinho que está en el Sielo, quebrando a masa e dándoa às discípulas podréns que, à súa vez, as distribuíron ao resto da tripulación. 

As discípulas repartindo os pans...

Toda a multitude comeu até estar satisfeita e, depois do milagre, aínda sobraron às discípulas sete cestos com cachos de pan, tortilla, salpicón, polo fritido, empadinhas de berberichos, queixo, empanada de polvo, tomate, empadinhas de bonito, patacas alioli, empada de raia, bica, biscoito, torradas, biscoito2 e biodramina. O número das que comeron foi de doce.

Despois da tripulación saciar a fame, botou velas arrriba e partiu para as proximidades de Ons.

AMÉN.


mércores, 16 de abril de 2014

Semana de Paixón 1

Como sabedes, para nós só hai unha paixón que mereza unha semana de procesións: a paixón polas embarcacións tradicionais.

Hoxe demos comezo ao calendario deste ano coa procesión dos Cristos Pilingríns que van a Marín nun bou. A comitiva saiu da Praia do Bao às 15.00 horas acompanhada das saetas cantadas pola agrupación Relinga; despois de catorce paradas en sendos crucis de via para tomarlle algho nas tabernas, chegou aos locais da Escola Obradoiro Aixola, portando o paso da Nosa Senhora Nova Marina, virxe e mártir.

Os nazarenos da Confraría dos Cristinhos visten de branco
O paso da Nosa Senhora Nova Marina, lucía pintura nova, recén botada e virxe.
O emocionante momento do Santo Encontro entre a Nosa Senhora e Santa Gamela.
A Irmandade dos Cristinhos Condanados a dar aceite en plena penitencia.
O noso Susinho do Gran Poder a un tris de por os puntos sobre o i.
Algún confunde as datas e pensa só no San Ramón.
E como somos tan beatas, o noso senhorinho del sielo, baixou del para admirar o traballo.

E acabada de pintar a Nova Marina, a procesión voltou á Arousa para asistir ao outro Santo Encontro, ese do fúmbol. 

Seguiremos informando da Semana da Paixón.


martes, 15 de abril de 2014

Local do Bao (novísimo)

Aquí xa vos fixemos a metade do traballo, que demos ideas para o casco exterior e para o recintado interior. Así que, de ganhardes, facede o favor de compartir o premio con nós...

Que a Deputación de Pontevedra convocou o cacarexado Concurso de Ideas para un albório de piraguas, kaiaques e dornas. 

E teremos que ir afacéndonos a este outro lado da ponte...
Nesta ligazón, a información das bases. 

Que ghane a mellor (e máis barata, que así é máis fácil que saia de proxecto para chegar a realidade...).


Calixtoooooooo!!! Veeeeeeeeeeenn!!

Que o portalón do Naval....
...chama por un escudo!!



domingo, 13 de abril de 2014

Imos à Illa!!

Voltarán os Pandulleiros a fotografiarnos?
Ou sexa, à outra: a amigha da Onça: ONS!!

Copi-pego mensaxe do herr direktor: Ollo ao plato e ollo ao gato,, O próximo venres 13, despois de permiso de Sarsuela e co cadril desinfectado, o Rei lévanos a naveghar pola ria. 
Hora: 8 da manha 
Lugar: no Cantinho. 
Ruta: ...a saber, depende do vento... A idea é comer en Ons e disfrutar do mar.

Venres 13 é o titulo dunha película. Este venres é o 18. Recordovos que.para sair fan falta 3 patróns e 12 tripulantes. Sen tripulantes pódese sair, sen patróns, non . Se se apunta xente de máis irase por orde de anotasión. A tripulasión de máis pode vir despedirnos desde o muelle co pano na man

Anotadevos polo ghuasá ou por mesaxe ao móbil de Salva. A cousa empesa... XA!!


martes, 8 de abril de 2014

Quen sabe que pasou!?

Na ENT Dorna temos unha ídem coa proa escangallada. Iso non lle impede navegar nin ganhar regatas (ou iso lle dixemos aos seus novos adoptantes), pero si que chama a atención o estado, nada aerodinámico do frente.

O caso é, e aí vén a graza, que non sabemos como chegou a este estado. Desde aquí non temos problema en inventarlle unha historia, e non imos falar xa dos espertos Salva e Uxío, que contan o que faga falta, pero desta vez preferimos que sexades vós as que resolvades o misterio...

Que raios pasou con esta proa?

Proa con direktorr ao fondo....
Vista detalle (e pasada de cor)
Hala, a contarnos aventuras nos comentarios!!


revista de decoración

Din os suecos que a primavera é un estado de ánimo. E que nesta época sempre nos entra vontade de darlle unha voltinha ás nosas casas, aos nosos cuartos, para que parezan outras e así comezar a tempada de verán com máis ledicia.
Pode que esteades pensando en mudar a pintura da sala por papel pintado; en reorganizar os mobles do dormitorio, en transformar cuns vinilos as cerámicas do banho. Na ENT Dorna, como somos especialistas en decor-acción, ofrecémosvos hoxe, de balde, uns pequenos consellos para deixar as vosas casas niqueladas:

Nunca pretendas colocar os cadros de maneira simétrica...
Sempre lucen mellor se parecen pendurados ao chou.
Nada mellor na sala que cortinados historiados (o fermoso non contradi o útil)...
Aínda que sempre podedes combinar cortinados con estores...
Os percheiros quedan moi ben no sanhuán da casa...
E nada como un pizarrillo para simular desconchados e anotar recados.
Se unha xanela dá demasiada luz, tapiámola cunha estantería...
E sempre que poidades, abride as portas ao xardín!
Se tendes garaxe, pintade o coche a xogo cos muros....
Non temades borrar e voltar a comezar. Todo sexa por modernizar a Soínha!
E se hai que eliminar pinturas para deixar madeira à vista, eliminade!!
Porque a madeira à vista é o último grito decorativo...
Por iso a Maria quere que Lino a rasque todinha...
Non digades que non tedes ideas para redecorar as vosas casas. Se quen non renova o fogar é porque non quere...