luns, 19 de maio de 2014

Un mar de letras 2: o paseo

E despois de botar a navegar a Patricia, pois houbo que acompanhala no paseo, non fora ser que se perdera, podrencinha que non conhece os fondos da ría nen os ventos do alto que azoutan o Campelo. 

A Peça de Rabo foi a primeira en arrincar a navegación, por dúas razóns: un, era a que estaba amarrada por fora e, dous, boghaban os expertos padexeiros de piraguismo.

Así calquera!
Non sabemos que pasou coa xeiteira, porque despois arrincou o galeón.
Ahhhh, que raro a NovaMarina, levando boias por diante...
E nós, por mirar para ela, case comemos un bateeiro...
Que contento quedou o noso Salvadorinho co seu discurso!
Outro ano máis, fermosas postais marinheiras!
O Rei do Mar houbo de facer dúas viaxes para poder pasear a todo quisque.
A Patricia de volta ao pantalán, protexida por papá Rei (cacho velame!).
Estreada e navegada, a Patricia fondeou no Cantinho.

2 comentarios:

  1. xa non e a primeira ´"volta"que escoito do discursiño , esta grabado e xo escoitarei de novo,,,,pero medo me da ,,,xa pido desculpas antisipadas si molestin a alghen , pa prosima faremos unha votasion , e o que lle toque que se poña , ,,,todos tendes dereito a metelapata jajajajajaja,,,,

    ResponderEliminar
  2. ei, ei, que nom havia retranca no do discurso...

    ResponderEliminar

a falar a xente se entende